Evento pendente
Título, data, lugar e breve resumo. En canto teña data definitiva, publicámolo aquí.
As Pedras Galladas naceu hai uns anos pola inquedanza dun pequeno grupo de persoas por crear actividades en Culleredo que nos permitan coñecernos, compartir e aprender xuntas.
Somos un grupo de voluntarias e voluntarios que queremos dar o seu lugar á cultura, ao patrimonio e á ecoloxía como camiños para conectar co territorio e coas persoas.
O que queremos é crear espazos para pensar, sentir e compartir, para que as voces locais e as ideas con conciencia teñan lugar e se escoiten.
Actividades culturais, obradoiros e encontros comunitarios
Moi pronto anunciaremos a data do evento de febreiro! Non o perdades!
Podes ver todo o que seguimos facendo visitando o noso blog .
Vila Melania, Vilaboa · Outubro 2025
Cometas e mural pola paz e solidariedade.
Ler máis →
Edificio Servizos Múltiples · Outubro 2025
Acto literario con Daniela Val Filgueiras.
Ler máis →
Edificio Servizos Múltiples · Novembro 2025
Acto literario con Arturo Lezcano e Cristina Díaz
Ler máis →
Edificio Servizos Múltiples · Decembro 2025
Conversa con Manolo Monge.
Ler máis →Síguenos en @pedrasgalladas
Queremos medrar como comunidade. Se cres na cultura, no patrimonio e na ecoloxía como ferramentas para transformar o territorio, precisamos de ti.
Facéndote socia ou socio apoiarás as nosas actividades, poderás participar nas decisións e formar parte dun proxecto colectivo con raíces en Culleredo.