Logo As Pedras Galladas

As Pedras Galladas

Cultura · Patrimonio · Ecoloxía

As Pedras Galladas

As Pedras Galladas naceu hai uns anos pola inquedanza dun pequeno grupo de persoas por crear actividades en Culleredo que nos permitan coñecernos, compartir e aprender xuntas.

Somos un grupo de voluntarias e voluntarios que queremos dar o seu lugar á cultura, ao patrimonio e á ecoloxía como camiños para conectar co territorio e coas persoas.

O que queremos é crear espazos para pensar, sentir e compartir, para que as voces locais e as ideas con conciencia teñan lugar e se escoiten.

Primeiro equipo directivo das Pedras Galladas Persoas participando nun evento das Pedras Galladas no medio da natureza

Eventos

Actividades culturais, obradoiros e encontros comunitarios

Próximos eventos

Moi pronto anunciaremos a data do evento de febreiro! Non o perdades!

Algúns dos eventos do 2025

Podes ver todo o que seguimos facendo visitando o noso blog .

Cartaz anunciado o obradoiro Cometas por Palestina en outubro de 2025 organizado polas Pedras Galladas.

Obradoiro “Cometas por Palestina”

Vila Melania, Vilaboa · Outubro 2025

Cometas e mural pola paz e solidariedade.

Ler máis →
Cartaz para anunciar a presentación poemario de Daniela Val en outubro de 2025 organizado polas Pedras Galladas.

Presentación “Un tal. Tulipán. Amor. Locura.”

Edificio Servizos Múltiples · Outubro 2025

Acto literario con Daniela Val Filgueiras.

Ler máis →
Cartaz presentación  libro Arturo Lezcano en decembro de 2025 organizado polas Pedras Galladas.

Presentación “O país invisible.”

Edificio Servizos Múltiples · Novembro 2025

Acto literario con Arturo Lezcano e Cristina Díaz

Ler máis →
Cartaz presentación libro Manuel Monge e charla da memoria histórica en novembro de 2025 organizado polas Pedras Galladas.

Conversa sobe a lei de memoria histórica e democrática

Edificio Servizos Múltiples · Decembro 2025

Conversa con Manolo Monge.

Ler máis →

Asóciate

Queremos medrar como comunidade. Se cres na cultura, no patrimonio e na ecoloxía como ferramentas para transformar o territorio, precisamos de ti.

Facéndote socia ou socio apoiarás as nosas actividades, poderás participar nas decisións e formar parte dun proxecto colectivo con raíces en Culleredo.

Logo As Pedras Galladas

Contacto

Correo: colectivodaspedrasgalladas@protonmail.com

Instagram Facebook YouTube